17/02/12 O CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS ESTARÁ PRESENTE NO FÓRUM GASTRONÓMICO SANTIAGO 2012 Como parte da súa labor de difusión e fomento do cooperativismo o Consello Galego de Cooperativas estará presente cun stand no "Fórum Gastronómico Santiago 2012" que terá lugar dende o día 26 ao 28 de febreiro de 2012 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela). Durante este tempo facilitarase información xeral e documentación relativa ao cooperativismo e unha representación das cooperativas galegas de distintos sectores (viño, queixo, carne, horta, pescado e marisco, mel, vexetais deshidratados e froita) mostrarán os seus produtos neste evento de prestixio internacional.
17/02/12 XORNADA: AS COOPERATIVAS E A INTERNACIONALIZACIÓN: ENCONTRO INTERCOOPERATIVO. COMO ABORDAR AS VENTAS NO EXTERIOR Dentro do proxecto Coopera+ a Cámara de Comercio de Vigo organiza para o próximo 1 de marzo, unha xornada de encontro intercooperativo, na que se tratarán diversos aspectos de relevancia para as cooperativas con interés nos mercados intencionais.
O proxecto Coopera+ , enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal (POCTEP) liderado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, ten como obxectivo a promoción e a consolidación das cooperativas na eurorrexión Galicia- Norte de Portugal. No proxecto tamén participan a Cámara de Comercio de Vigo, a Asociación para o Desenvolvemento Rexional do Alto Támega, a Asociación Empresarial de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE